sexta-feira, 16 de janeiro de 2009

Parte de Guerra do 20º día da agresión do terrorismo sionista israelí sobre Gaza

[16.01.2009] Mentres o Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-moon, visitaba Israel, as instalacións en Gaza da ONU eran bombardeadas polo exercito israelí. "Toda a axuda está ardendo. O exército israelí, en horas da mañá, bombardeou con artillería e bombas de fósforo as instalacións da ONU en Gaza", detalla Raquel Martí, directora executiva do Comité español da Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina. A UNRWA recibira garantías do goberno e exército israelí que as súas actividades en Gaza serían completamente garantidas ... [Pode-se escoitar a entrevista coa responsábel da UNRWA aqui. Arquivo en formato -wma-] ... [Última hora]O Movemento de Resistencia Islámica (Hamás) informou hoxe a Exipto de que aceptará un cesamento do fogo dun ano renovable na Franxa de Gaza a condición de que se retiren todas as forzas israelís nun prazo de entre cinco e sete días e de que se abran inmediatamente todos os pasos fronteirizos de Gaza. Aínda que Israel aínda non deu unha resposta oficial, a televisión exipcia asegurou que aceptaría en principio a proposta exipcia... Mentres, na Franxa prosegue a ofensiva, que se cobrou a súa máis destacada vítima: o ministro do Interior do Goberno de Hamás, Said Siam ... o exército israelí tamén bombardeou, un recinto hospitalario e oficinas de medios de comunicación ... Tras comezar os bombardeos o pasado 27 de decembro -coa matanza de máis de 270 persoas- e o inicio da invasión terrestre sobre o territorio palestino o pasado 3 de xaneiro, son xá 1115 palestin@s mort@s e 5130 ferid@s. O exercito sionista fai centos de prisioneiros...

_________

Fontes:

http://www.palestinalibre.org

Al-Jazeerah: Cross-Cultural Understanding

_________

Nenhum comentário: