segunda-feira, 14 de junho de 2010

Culturas de Resistencia acaba de publicar unha hora de material audio-visual do ataque ao buque da Flotilla da Liberdade "Mármara Mavi" que levaba axuda humanitaria á Franxa de Gaza, na Palestina ocupada

Na noite do domingo, 30 de maio, amosando un desprezo pola vida humana, as forzas navais israelís cercan e abordan os buques que navegan para levar axuda humanitaria á bloqueada Franxa de Gaza, na Palestina ocupada. No buque máis grande, o "Mármara Mavi", soldados israelís abren fogo contra os pasaxeiros civís, matando polo menos nove persoas e ferindo outras moitas. Outras persoas aínda están desaparecidas. O número final de mortes aínda non foi determinada. A cineasta Iara Lee integrante de Culturas de Resistencia estaba a bordo do buque, esta xa voltou a casa.

A pesar dos esforzos do goberno israelí para confiscar todas as imaxes collidas durante o ataque, Iara Lee foi capaz de manter ocutas algunhas das súas gravacións de vídeo. Abaixo están os enlaces coa rodaxe editada a partir dos momentos que antecederon e durante o asalto do exército israelí sobre o "Mármara Mavi".

As mentiras do Goberno Sionista do Estado de Israel quedaron ao descuberto.

Nos seguintes enlaces pode-se aceder á imaxen e tamén baixar todos os videos en diferentes formatos e tempos, son máis dunha hora de gavacións.

Under Attack: Mavi Marmara Attacked - Flotilla
http://tc.indymedia.org/files/flotilla-footage/index.html

Israeli Navy Attacks Gaza Freedom Flotilla
http://culturesofresistance.org/gaza-freedom-flotilla

Outros Enlaces de interese:

http://www.freegaza.org/

http://www.freegaza.com/

http://somostodospalestinos.blogspot.com/




____________________

quarta-feira, 2 de junho de 2010

Mobilizacións por todo o mundo contra a impunidade do Estado Sionista de Israel: En Ferrol onte 1 de Xuño varios colectivos concentraron-se en solidariedade coa Palestina e a Flotilla Humanitaria de "Free Gaza"

Despois da última agresión militar israelí contra civís desarmados da "Flotilla da Liberdade", fletada por "Free Gaza" que transportaba toneladas de axuda humanitaria para a Franxa de Gaza, bloqueda polo Estado Israel, e hai pouco máis dun ano vilmente bombardeada, sucederon-se mobilizacións por todo o mundo contra a impunidade do Estado Sionista de Israel e en solidariedade coa Palestina e a Flotilla Humanitaria de "Free Gaza".

Na Galiza houbo onte, nas cidades e vilas, numerosas mobilizacións. En Ferrol onte 1 de Xuño de 2010, varios colectivos concentraron-se en apoio do pobo Palestino e para denunciar o ataque asasino do exercito israelí.

[Para entrar na Galería, clicar acima da foto]

Fonte das Fotos: http://picasaweb.google.es/fucobuxan
______________

Enlaces de interese:

http://www.freegaza.org/

http://www.freegaza.com/

http://somostodospalestinos.blogspot.com/



Por Palestina





____________________

terça-feira, 1 de junho de 2010

Galiza por Palestina convoca o Martes 1 de Xuño, concentracións en toda Galiza, en solidariedade co Pobo Palestino, en denuncia polo ataque asasino do Estado Sionista de Israel, contra a Flotilla de "Free Gaza"


Galiza por Palestina convoca mañán, Martes 1 de xuño de 2010, ás 20:30 horas, en toda Galiza, concentracións de protesta contra o ataque asasino que os sionistas perpetraron contra os barcos que transportaban axuda humanitaria para Gaza.

تنادي مؤسسة غاليسيا من أجل فلسطين بالإحتشاد غدا الموافق الأول من شهر حزيران الساعة 20:30 في كل أنحاء جليقية. ستقام إحتشادات لرفض الهجوم الإجرامي الذي قام به الصهاينة ضد السفن التي كانت تنقل المساعدة إلى غزة .

Abertas a tod@s aqueles que condenen a barbarie israelí e queran esixir medidas contundentes contra os asasinos, as concentracións realizaranse diante da casa do concello de cada vila, salvo naqueles lugares onde exista unha convocatoria unitaria previa. As convocatorias ata o momento son:

سيتم القيام بالإحتشادات أمام بلديات كل قرية في نفس الساعة و نفس اليوم بإستثناء المدن التالية:

A Coruña: No Obelisco. آ كورونيا، أوبيليسكو

Santiago de Compostela: Praza ddo Toural. ٍسانتياغو دي كومبوستيلا : ساحة تورال

Ferrol: Na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. فيرول: رئاسة بلدية جليقية، ساحة أمادا غراثيا

Por favor, acudide e difundedeo. Atte.: Galiza por Palestina.
الرجاء الإنضمام و النشر. مؤسسة غاليسيا من أجل فلسطين

ISRAEL CUMPLIU AS SÚAS AMEAZAS:

Soldados do Exército de Israel interceptaron esta madrugada a Flotilla da Liberdade, que pretendía desobedecer o bloqueo sobre a Faixa de Gaza e portaba miles de toneladas de material de corte humanitario, asasinando a varias/os das/os participantes (entre 10 e 60 segundo fontes diversas) e ferindo a outras/os.

A interceptación produciuse a entre unhas 75 e 100 millas da costa do Estado de Israel, en augas internacionais, violando así o Dereito Internacional desde o primeiro minuto.

Segundo o comunicado do Exército, os soldados foron recibidos con fogo real pola Flotilla. Este dato foi desmentido por xornalistas presentes (varias ducias), e resulta certamente inverosímil dado o perfil das/os integrantes da flotilla e o feito de que non haxa mortes máis ca do bando activista.

A estas horas parece que non existe comunicación cos seis barcos, xa tomados polo Exército e que se dirixirían a Ashdod. Nas datas previas os militares afirmaran que as/os participantes da Flotilla serían internadas/os en centros de detención en territorio israelita se non se entregabas, sen resistencia, aos interceptores.

Nas imaxes da interceptación vese cómo varios participantes da Flotilla baten con paos a soldados israelitas que baixan cableados desde helicópteros. Segundo o comunicado do Exército hai dous soldados feridos.
Unha nova onda de mobilizacións está nas rúas.
(Fonte: Moncho Vázquez)

PRÉGASE MÁXIMA DIFUSIÓN

GALIZA POR PALESTINA
_________________

Enlaces de interese:

http://www.freegaza.org/

http://www.freegaza.com/

Por Palestina





___________________________

segunda-feira, 31 de maio de 2010

O Exército israelí atacou ás embarcacións de "Free Gaza", a flotilla humanitaria que busca chegar a Gaza

O Exército israelí atacou a madrugada deste luns, 31 de Maio de 2010,  un dos barco da Flotilla Free Gaza que intentaba levar unhas 10 mil toneladas de axuda humanitaria á franxa de Gaza, co que causou a morte a unhas 14 persoas e feridas a outras 30.

A televisión turca mostrou imaxes captadas desde o barco turco "Mavi Marmara", nas que se observaron a soldados do Exército israelí abrindo fogo.



O Exército israelí atacou a madrugada deste luns, 31 de Maio de 2010,  un barco da Flotilla Free Gaza que intenta levar unhas 10 mil toneladas de axuda humanitaria á franxa de Gaza, co que causou a morte a unhas 14 persoas e feridas a outras 30.

O correspondente de teleSUR no Medio Oriente, Hisham Wannous, reportou que o ataque foi dirixido por mariños israelís e, no proceso, ata se empregou o uso dun helicóptero.

Wannous precisou que logo de coñecerse a noticias producíronse manifestacións en Gaza e Turquía en rexeitamento ao ataque, mentres o Goberno israelí garda silencio respecto diso.

Indicou que os buques de guerra israelís que participaron no ataque saíron do porto de Haifa, no norte de Israel, portando mísiles e todo tipo de armas.

O xornalista tamén detallou que que as embarcacións de Free Gaza.serán levadas a Haifa, onde se prevé que sexan detidas as persoas que viaxan na Flotilla. Segundo Wannous, a maioría dos caídos son europeos e turcos.

Free Gaza apuntou no seu sitio de Internet que o barco atacado foi o IHH, de bandeira turca, o cal, asegurou a organización humanitaria, foi abordado por efectivo da Armada de Israel.

Entre os pasaxeiros da Flotilla de Free Gaza atópanse parlamentarios europeos e gañadores do premio Nobel da Paz.

Segundo a televisión israelí, o ataque do Estado hebreo deixou 10 vítimas fatais, mentres que unha organización non gobernamental (ONG) turca sinala que son dúas os mortos.

Medios de Turquía mostraron imaxes captadas dentro do barco turco "Mavi Marmara", nas que se vían aos soldados israelís abrindo fogo.

Deste xeito, Israel cumpriu as advertencias realizadas o pasado sábado polo portavoz do seu Ministerio de Relacións Exteriores, Ygal Palmor, quen indicou que o seu país estaba disposto a bloquear o paso das embarcacións, ata co uso da forza.

"Intentaremos impedirlles que se acheguen ás costas da franxa de Gaza de xeito pacífico, pero se se empeñan en pasar, bloquearémolos", afirmou Palmor o pasado sábado.

A Flotilla, que busca axudar ao pobo palestino que vive baixo o férreo bloqueo israelí co envío de alimentos, aveños, axudas médicas e materiais para a construción, posto que estruturas como hospitais e escolas quedaron derrubadas ou en moi mal estado polos ataques realizados polas forzas de Israel.

De acordo coa prensa turca, o ataque israelí contra a embarcación da Flotilla Free Gaza produciuse en augas internacionais ás 04:00 horas locais (01:00 GMT).

Logo de coñecerse que Israel atacara a Flotilla, centos de persoas concentráronse para protestar ante o consulado israelí na cidade turca de Istambul.

A Flotilla está composta por seis barcos, tres deles turcos, e transporta, entre outras cousas, materiais de construción, equipos médicos e produtos de necesidade básica, co obxectivo de romper o bloqueo que sofre a franxa de Gaza por parte de Israel.

Fonte: TeleSUR

Enlaces de interese:

http://www.freegaza.org/

http://www.freegaza.com/
________________