quarta-feira, 21 de janeiro de 2009

Documentario "Ocupación 101": A ocupación de Palestina

Documentario "Ocupación 101": A ocupación de Palestina, lexendado en Portugués -duración: 1 hora 27 minutos-


Título orixinal: Occupation 101

Directores: Sufyan Omeish e Abdallah Omeish
[Trip’Ol’11 Productions, 2006]

Sitio oficial da película:
http://www.occupation101.com

Synopsis: "Ocupación 101" presenta unha análise sistemática dos feitos e das verdades escondidas que roden o conflito Israelo-Palestino, e devela moitos dos mitos e concepcións erróneas aumidos por longo tempo. A película tamén detalla a vida baixo o réxime militar israelí, o papel de EEUU no conflito e os principais obstáculos que impiden unha paz duradeira e viable.

Inclúe filmaciones raramente vistas e testemuños nunca mostrados na maioría dos medios de EEUU. As raíces do conflito son explicadas por medio de comentarios que incitan á reflexión, por parte de académicos especializados no medio oriente, activistas pacifistas, xornalistas, líderes relixiosos e traballadores humanitarios, cuxas voces foron suprimidas demasiado frecuentemente dos medios de EEUU.

A diferenza de todas as películas que foron producidas sobre o conflito, "Ocupación 101" explica a situación de xeito sistemático e ofrécelle á audiencia o contexto completo para mellor entender o encontro Israelo-Palestino. A película mostra as causas esenciais do conflito a través de voces israelís, xudías, cristiás, musulmáns, estadounidenses, e palestinas que de cando en cando son escoitadas a través dos medios de comunicación hegemónicos.

A película cobre un amplo rango de tópicos, que inclúen a primeira onda de inmigrantes xudeus desde Europa nos anos 1880, as tensións da década de 1920, a guerra de 1948, a guerra de 1967, a primeira Intifada de 1987, o proceso de paz de Oslo, a expansión dos asentamentos, o papel do goberno dos EEUU, a segunda Intifada de 2000, e tamén cobre a recente "desconexión" de Gaza de agosto de 2005.

Premios: Gañador do Premio 2006 Artivist á mellor película baixo a categoría de dereitos humanos. Gañador do premio á mellor película no River?s Edge Filme Festival. Gañador do Premio ao Mellor Documental do The deadCenter Filme Festival. Gañador do Premio da Audiencia ao mellor documenta no East Lansing Filme Festival. Gañador do Premio John Michaels Memorial no Big Muddy Filme Festival.

Festivais: 2006 Big Muddy Filme Festival. 2006 East Lansing Filme Festival. The 2006 deadCenter Filme Festival - Oklahoma City, OK. 2006 Boston International Filme Festival. 2006 River's Edge Filme Festival - Paducah, KY. The 2006 Arab Filme Festival - San Francisco, Berkeley, San Jose. 2006 Harlem International Filme Festival. 2006 Vermont International Filme Festival. 2006 Artivist Filme Festival and Awards - Hollywood, California.

Para ver a película completa en inglés:
Clicar aquí

Para baixar a película completa e os subtítulos en español, con emule:
Clicar aquí

Para máis información:

http://www.occupation101.com/

http://en.wikipedia.org/wiki/Occupation_101

_______________

Nenhum comentário: