Mostrando postagens com marcador Convocatorias. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Convocatorias. Mostrar todas as postagens

segunda-feira, 19 de janeiro de 2009

Galiza con Palestina: Así foi a manifestación Nacional do 18 de Xaneiro de 2009

Este Domingo, 18 de Xaneiro de 2009, tivo lugar unha multitudinaria Manifestación Nacional "Por Palestina", colectivos, asociacións, sindicatos e organizacións políticas galegas convocaron unha mobilización contra a agresión sionista á Franxa de Gaza, desde este blog queremos difundir a mobilización histórica da solidariedade galega co Pobo Palestino.

Galería de imaxens da Manifestación Nacional Por Palestina
[Fotos: Colectivo Ártabra 21]



Enlace coa Galería de Diapositivos con maior resolución
[Fotos: Colectivo Ártabra 21]

Manifesto completo - Audio
[Audio: Vieiros]



Vídeo entrevistas
[Video: Vieiros]


[Clicar acima da imaxen para ver o vídeo]

____________________

domingo, 18 de janeiro de 2009

Manifesto Unitario para a Manifestación Nacional Por Palestina do Domingo 18 de Xaneiro de 2009

De: Educación e Paz
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de janeiro de 2009 12:20
Asunto:Manifesto Unitario para o Domingo 18



Benqueridas amigas e amig@s:

Achego copia do Manifesto Unitario aprobado finalmente na reunión de onte, día 15, que será lido no remate da Manifestación do domingo, na Praza da Quintana de Compostela, así como a relación de organizacións convocantes por orde alfabética.

Agradecemos a máxima difusión posible.

Cordialmente,

Seminario Galego de Educación para a Paz
FUNDACION CULTURA DE PAZ
www.sgep.org

COMUNICADO UNÁNIME:

GALIZA CON PALESTINA
NON AO MASACRE!
ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA DOMINGO, DÍA 18 DE XANEIRO, ÁS 12:00 HORAS

A actual intervención do exército israelí na franxa de Gaza non é máis que a continuación da política de exterminio do pobo palestino que o sionismo ven practicando dende que logrou que o peor imperialismo europeo e norteamericano inventara o Estado de Israel. Estamos, unha vez máis, diante dun episodio de violencia indiscriminada e bárbara, unha auténtica matanza, contra a poboación civil, e contra as súas organizacións de resistencia.

Esta non é unha guerra, non existen exércitos enfrontados, nin igualdade de forzas. Esta é unha agresión militar por parte dun estado IMPERIALISTA armado e financiado por Norteamérica e Europa, que conta cun poderosísimo exercito e ataca por terra, mar e aire a un pobo sen outra defensa que o heroísmo e sacrificio dos seus mal armados milicianos, e que nin sequera ten a posibilidade de fuxir.

Os verdugos teñen nome coñecido e as vítimas tamén, cóntanse por miles, entre as mortes e as persoas feridas. A vulneración dos dereitos humanos, a violación sistemática da legalidade internacional, dos acordos de paz e das resolucións das Nacións Unidas teñen un nome inequívoco, o Estado Sionista de Israel.

Trátase, xa que logo, dun auténtico masacre, sen escrúpulo moral algún, sen respecto pola poboación máis indefensa, as persoas anciáns, nenas e nenos, mesmo cooperantes internacionais. Tampouco respectan nin as mesquitas, hospitais ou mesmo escolas, as escolas das Nacións Unidas, con identificación oficial, con coordenadas coñecidas e transmitidas, onde estaban refuxiados do horror centos de cativos e cativas palestinas. O sionismo non coñece límites.

O exército e o goberno israelí, sabémolo ben, son expertos tamén na ocultación da verdade, contan con axentes moi poderosos. Resulta escandaloso que manifesten que as accións militares actuais son resposta ao lanzamento de foguetes caseiros desde Gaza. Menten coma sempre!!! ¿non sabemos que Israel rompe as treguas sistematicamente? ¿acaso non coñecemos a política de asasinatos selectivos das persoas dirixentes palestinas, practicada por Israel nos últimos anos? ¿De destrución das vivendas e das súas familias?

Xa coñecemos que tipo de loita é, balas contra pedras, tanques e mísiles contra a poboación civil, ocupación militar dos territorios palestinos, máis colonizacións fronte dos acordos de paz.

Son centos e miles : as palestinas e os palestinos asasinados; as presas e os presos; as torturadas e os torturados nas cadeas israelís; as mortes como consecuencia do bloqueo, as persoas que a diario son vexadas e inspeccionadas.

En ningún caso a morte de civís está xustificada, nin a violación sistemática dos dereitos humanos, nin a ocupación militar dos territorios palestinos, nin a vulneración permanente das resolucións das Nacións Unidas. O estado de Israel non ten credibilidade algunha.É probablemente o estado do mundo que máis ten violentado a legalidade internacional, negado unha solución política a un conflito que se dilata inxustificadamente no tempo. Cada vez quedan menos persoas no mundo que podan crer as mentiras israelís. Indigna pensar que a brutal ofensiva militar israelí actual teña que ver coa súa propia axenda electoral. Traficar mortes por votos fai que abominemos aínda máis do sionismo e das súas prácticas.

Esiximos das institucións da comunidade internacional, da UE e do Estado Español que obriguen a Israel a deter o masacre, a cesar inmediatamente todos os ataques e bombardeos sobre os territorios e a poboación palestina, a propiciar un alto o fogo inmediato e a levantar o bloqueo de Gaza abrindo todos os pasos internacionais para que poida chegar axuda urxente aos homes e mulleres da castigada Franxa de Gaza.

O pobo galego está co pobo palestino, apoia e recoñece o seu dereito á existencia e a ter un estado propio, a elixir libremente a súa representación e que esta sexa recoñecida pola comunidade internacional, incluído Hamás, e finalmente, apoia o regreso das persoas palestinas refuxiadas aos seus fogares.

O estado español, a UE, a comunidade internacional no seu conxunto, ata agora cómplices do sionismo ou pasivos ante a traxedia palestina, teñen a obriga moral e política de impoñer a Israel o respecto escrupuloso polas resolucións de Nacións Unidas, con toda firmeza, con medidas de boicot comercial, con ruptura inmediata das relacións diplomáticas e coa expulsión da embaixada sionista. Desde logo, non podemos seguir a tolerar que Israel ocupe territorios, masacre á poboación civil palestina; non podemos tolerar que se siga comprando e vendendo armas aos sionistas como está a facer España e outros estados que se sentan no Consello de Seguridade da ONU.

Galiza enteira reclama a persecución xurídica nos tribunais internacionais dos criminais israelís, civís e militares, responsables desta matanza indiscriminada, un auténtico crime contra da humanidade.

E esiximos ademais:

  • Que se impulsen políticas activas de solidariedade en favor de Palestina.
  • Que a Xunta de Galicia se pronuncie contra Israel e a favor do pobo palestino.
  • Que se declaren á embaixada e o Goberno Israelí non gratos en todo o territorio galego no seu conxunto; e concello por concello,
  • E que os medios de comunicación e a prensa internacional informen con imparcialidade e non a favor do sionismo .
¡ALTO A AGRESIÓN! ¡VIVA O POBO PALESTINO! ¡VIVA PALESTINA!

sábado, 17 de janeiro de 2009

Domingo 18 de Xaneiro, desde Ferrol, sairán autobuses para Compostela, para participar na Manifestación Nacional Por Palestina

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de janeiro de 2009 15:33
Asunto: Domingo 18: Autobuses a Manifestación por Palestina en Santiago




Domingo 18: Autobuses a Manifestación por Palestina en Santiago


O Domingo 18, sairán autobuses gratis ás 10,30 h. da Praza do 10 de Marzo de Ferrol, organizado por C.I.G. para asistir a:

MANIFESTACION NACIONAL GALEGA

EN SOLIDARIDADE CON PALESTINA

Domingo 18/01/2009 ás 12h. na Alameda

Santiago de Compostela

ORGANIZACIONES CONVOCANTES (POR ORDEN ALFABÉTICO):

A Ghentahla do Pichel, Acsur Galiza, Adiante, AGIR, Alternativa dos Veciños de Oleiros, Arraianos, Asemblea Republicana de Vigo, Asociación Francisco Villamil, Asociación Galaico, Árabe Jenin, Assembleia Aberta do Local Social Baiuca Vermelha, Aturuxo, AXEMPOL, BNG, BRIGA, CC.OO de Galicia, Ciberirmandade, CIG, CIMO- Castelao ( Coordinadora de Independentes do Morrazo), CNT, Colectivo dos Mozos Comunistas, Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña, Comité de Defensa das Rías, Comités Abertos, Concello de Oleiros, Coordinadora de Crentes Galegos, Coordinadora Galega de ONGDs, Coordinadora Galega pola Paz, Corrente Vermella, COSAL, CUT, DSI, Encontro Irmandiño, Esculca, Esquerda Unida, Foro Galego de Inmigración, FPG, Fuco Buxán
Fundación Araguaney, Fundación Galiza Sempre, Galiza Nova, Galiza por Palestina, Iniciativa polos Dereitos Humanos, Isca, Marcha Mundial das Mulheres, Médicos do Mundo, Movemento pola Base, Mundo Sen Guerras, Nós Unidade Popular, OSPAAAL-GALICIA, Partido Comunista dos Pobos de España, Partido Humanista de Galicia, PCG, PCPG, Pen Clube de Galicia, Plataforma Alternativa, Pola Esquerda, Seminario Galego de Educación para a Paz, Sindicato de Estudantes, Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG), Socialismo Libertario, Solidariedade Internacional, UGT Galicia, Viraventos, Xustiza e Sociedade

___________
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

____________