sábado, 16 de julho de 2011

O ‘Gernika’ xa é libre para navegar por augas do Mediterráneo

O Goberno grego revoga a orde de inmobilización do barco de Rumbo a Gaza

As persoas que permanecían en folga de fame dende luns abandoan este acto de protesta e finaliza a ocupación da Embaixada de España en Grecia

Atenas, 13 de xullo de 2011.-O ‘Gernika’, o barco da campaña Rumbo a Gaza, xa pode navegar libremente por augas do Mediterráneo. Na mañá de hoxe, a Autoridade Portuaria grega certificou todos os permisos da embarcación, permitindo a súa liberdade de movementos. Revócase deste xeito a orde ilegal dictada polo Goberno heleno de inmobilizar a nave.

Tras conocer a nova, as persoas que permanecían en folga de fame –seis na Embaixada de España en Grecia e dúas en Madrid- abandonaron o xexún. Asimesmo, deuse por finalizada a ocupación da legación diplomática.

Ás poucas horas de que se estendese o permiso de navegación, o ‘Gernika’ iniciou manobras no porto de Kolymvari, na illa de Creta, onde permaneceu durante todos estes días vixiado de xeito permanente por patrulleiras do Goberno de Grecia. Dende Rumbo a Gaza trazarase nestes días o itinerario para o retorno da nave ao Estado español.

“Foi unha victoria da sociedade civil fronte ao silencio e a falta de apoio por parte do noso Goberno”, declarou Manuel Tapial, activista de Rumbo a Gaza, dende o ‘Gernika’. “Ao final, as medidas de presión deron os seus froitos e conseguimos, a pesares de Israel, de Grecia e do Goberno de España, que as augas do Mediterráneo volten ser transitábeis para todos”.

Tapial considera que anque a Flotilla da Liberdade non teña podido zarpar,o seu obxectivo principal de pór en primer plano na axenda internacional o bloqueo da Faixa de Gaza e a situación do pobo palestino cumpriuse. “Durante este ano, no Estado español falouse continuamente de Gaza e de Palestina. Conseguimos introducir o problema no debate público”.

Asimesmo, o activista español considera que todo o ocorrido en Grecia durante estes días “desenmascarou as complicidades” dos diferentes actores internacionais coas políticas ilegais de Israel, “dende o Cuarteto –Estados Unidos, Nacións Unidas, Rusia e Unión Europea- até o Goberno de España”.

Manuel Tapial recoñeceu que tanto el como os outros seis activistas de Rumbo a Gaza que permanecen no ‘Gernika’ se encontran “moi cansos” tras semanas de tensa espera facendo fronte “a uns enimigos moi poderosos”.

O seguinte paso é “voltar a casa” co ‘Gernika’, que se converteu “nun auténtico símbolo da paz no Mediterráneo e nun foro de debate para todas aquelas persoas que buscan un mundo libre, xusto e igualitario”.

Fin da folga de fame

Tras coñecerse a nova de que o ‘Gernika’ xa é libre para navegar polo Mediterráneo, abandonouse a folga de fame que mantiñan oito persoas de Rumbo a Gaza –seis na Embaixada de Grecia en España e dúas en Madrid- ao se ter logrado os obxectivos que se buscaban con este acto de protesta.

Asimesmo, tamén se abandonou a legación diplomática española en Atenas, ocupada dende o pasado martes ante o silencio do Goberno de España fronte á ilegal orde grega de inmobilización dos barcos da Segunda Flotilla da Liberdade, cuxo obxectivo era romper e pór fin ao bloqueo ilegal israelí á Faixa de Gaza.

A maior parte da brigada que permaneceu na Embaixada regresará mañá xoves. A chegada á Terminal 2 de Barajas está prevista ás 12 horas.

Elvira Souto, unha das persoas que se mantiña en folga de fame en Atenas, declarou dende la Embaixada que as medidas de presión adoptadas, tanto a ocupación como a Embaixada, supuñeron “un auténtico éxito”, xa que lograron o obxectivo de liberar o ‘Gernika’.

Souto sinalou que é “inconcebíbel” que Rumbo a Gaza se teña visto obrigada a adoptar medidas de presión tan contundentes “simplemente para pedir que se cumpra la lei”. “A nosa petición era algo tan sinxelo como que cumpriera o marco legal do que se dotaron as nacións para se relacionar entre elas; é incríbel que para que se cumpra a lei un grupo de ciudadáns e ciudadás teña que ocupar unha embaixada ou se pór en folga de fame”.

A xuízo da activista de Rumbo a Gaza, o ocorrido estes días coa Segunda Flotilla da Liberdade evidencia que a fractura entre a sociedade civil e a clase política cada vez é maior. “Á vez que a sociedade civil se ten volcado coma nunca para romper o bloqueo, os gobernos da Unión Europea amosábanse máis ríxidos ca nunca para impedir que esta acción se levase a cabo”.

Unha das grandes virtudes da campaña, a xuízo de Souto, ten sido pór en evidencia as complicidades dos gobernos occidentais “coas políticas delictivas” do Estado de Israel”: “Creo que é a primera vez que se evidencia dun xeito tan claro, incluso para xente desinformada ou que non está ao tanto da situación exacta de Palestina”.

Fonte: http://www.bds-galiza.org/
_____________

Nenhum comentário: