O Masacre israeli en Gaza
A poboación da franxa de Gaza está tratando de regresar á normalidade tras o cesamento do fogo declarado de forma separada por Israel e Hamas, para atoparse un escenario de devastación tras 22 días de ofensiva militar israelí
Gaza 19/01/2009 17:47:00
Os miles de palestinos que se viron obrigados a deixar atrás os seus fogares e a refuxiarse en vivendas de familiares ou en improvisados refuxios, como escolas da ONU, espertáronse esta mañá conmocionados e aparvados polo grao de destrución nas rúas.
O tráxico reconto de vítimas mortais nas tres semanas de constantes bombardeos aéreos israelís e intensos combates terrestres é de 1.310, dos que 420 son menores, mentres que os feridos ascenden a 5.500, segundo o portavoz do servizo de urxencias do Ministerio de Sanidade en Gaza, Moawiya Hasanín.
Os equipos de rescate da franxa afánanse en localizar cadáveres sepultados baixo os cascallos de edificios destruídos.
Pola mañá foron achados os corpos sen vida dunha decena de persoas: catro no leste do campo de refuxiados de Yabalia, no norte de Gaza, e seis na localidade de Beit Lahia, e os barrios de Tufah e Zeitun, na capital da franxa.
A estes traballos súmase o das escavadoras que tratan de limpar rúas e estradas para permitir que se renove o tráfico.
Perdas materiais
O Ministerio de Vivenda de Hamas cifrou en 4.000 o número de casas completamente destruídas e en máis de 20.000 as que sufriron algún tipo de danos, mentres que as perdas materiais ascenden a máis de 1.500 millóns de dólares.
Centenares de casas foron arrasadas nos barrios Zeitun e Tel Hawa, no sur de Gaza, e Shajaia, ao leste da cidade, así como nas poboacións do norte da franxa.
Grandes buracos en bloques de vivendas, paredes ennegrecidas e inmobiliario calcinado, son os vestixios dos impactos dos foguetes disparados desde o aire por aparellos israelís e dos bombardeos de tanques.
A sensación que impera entre o millón e medio de habitantes da franxa é dunha tristeza que se reflicte na cara da xente, na que se mestura a desesperación, a rabia e o sentimento de perda.
Os tanques e carros de combate israelís tamén deixaron as pegadas das súas orugas en terreos e campos agrícolas afastados dos núcleos urbanos, que eran en moitos casos unha das principais fontes de ingresos e espazos de esparexemento das familias.
Os dous lugares máis admirados no corazón da cidade de Gaza, de arquitectura moderna, como a praza onde se sitúa o Parlamento palestino e un cruzamento próximo ao edificio al-Saraya que alberga os principais cuarteis de seguridade, sufriron severos danos.
As forzas policiais de Hamas retomaron o control na franxa, onde as tropas israelís continúan o repregamento.
Fonte: GARA
http://www.gara.net
___________________
Cuando estalle la tercera Intifada, no olvides que Israel la instigó
-
Por Gideon Levy* Algo está sucediendo por primera vez en la historia de
Israel. Una guerra que aún no ha terminado, pero Israel ya está alimentando
la sigu...
Há 2 semanas
Nenhum comentário:
Postar um comentário